Actividades: Conta-cómic
Como vistes, o cómic é un recurso fundamental na creación artística cando queredes contar unha historia na que transcorre o tempo. A disposición e organización dos distintos elementos axuda a transmitir mensaxes, emocións, accións e dinamismo. Ao longo destas actividades, teredes a oportunidade de observar e analizar estes elementos e contar a vosa propia historia debuxando, explorando e compoñendo para conseguir representar o que queredes.
A través da observación de diversos cómics, a experimentación cos distintos elementos e a exploración dos recursos dixitais, descubriredes como a montaxe e a colocación destes elementos poden transformar a maneira en que se interpretan as mensaxes nas vosas historias.
Preparádevos para analizar, crear e contar historias poñendo en práctica todo o que aprendestes!
Lectura facilitada
O cómic é un recurso fundamental na creación artística cando queredes contar unha historia na que transcorre o tempo.
A disposición e organización dos distintos elementos axuda a transmitir:
- Mensaxes.
- Emocións.
- Accións.
- Dinamismo.
Ao longo destas actividades, teredes a oportunidade de observar e analizar estes elementos e contar a vosa propia historia.
Debuxaredes.
Exploraredes.
Compoñeredes.
Iso permitiravos conseguir representar o que queredes.
A través:
- Da observación de diversos cómics.
- A experimentación cos distintos elementos.
- A exploración dos recursos dixitais.
Descubriredes como a montaxe e a colocación destes elementos poden transformar a maneira en que se interpretan as mensaxes nas vosas historias.
Preparádevos para:
- Analizar.
- Crear.
- Contar historias poñendo en práctica todo o que aprendestes!
Audio
Conta-elementos
No cómic, a composición de todos os seus elementos é fundamental para que se entenda ben a narración da historia. Nesta actividade, o voso reto será identificar os diferentes elementos.
Instrucións:
A partir dunha páxina dun cómic tedes que analizar e identificar os elementos vistos (viñetas, carteleiras, globos, onomatopeas, liñas cinéticas, metáforas visuais). Anotádeos nunha táboa e debuxade un esquema cos elementos atopados. Podedes traballar cun cómic propio ou buscar algún da biblioteca do instituto.
Para iso:
- Anotade o título da obra, o autor, a técnica utilizada e debuxade un esquema cos diferentes elementos atopados.
- Explicade brevemente como se desenvolve a historia nesta páxina do cómic que estades a analizar. En poucas liñas, intentade ser claros e concisos.
- Organizade as vosas respostas nun formato visual atractivo para expoñelo na clase.
Lectura facilitada
No cómic, a composición de todos os seus elementos é fundamental para que se entenda ben a narración da historia.
Nesta actividade, o voso reto será identificar os diferentes elementos.
Instrucións:
- A partir dunha páxina dun cómic tedes que analizar e identificar os elementos vistos (viñetas, carteleiras, globos, onomatopeas, liñas cinéticas, metáforas visuais).
- Anotádeos nunha táboa.
- Debuxade un esquema cos elementos atopados.
- Podedes traballar cun cómic propio ou buscar algún da biblioteca do instituto.
Para iso:
- Anotade:
- O título da obra.
- O autor.
- A técnica utilizada.
- Debuxade un esquema cos diferentes elementos atopados.
- Explicade brevemente como se desenvolve a historia nesta páxina do cómic que estades a analizar.
- Intentade ser claros e concisos.
- Organizade as vosas respostas nun formato visual atractivo para expoñelo na clase.
Audio
Conta-historia
Nesta actividade, creade unha nova historia en forma de cómic onde aparezan todos os elementos vistos. O obxectivo é experimentar coa forma das viñetas, situar ben os globos de diálogo, as carteleiras, e introducir algunha onomatopea, metáfora visual e liñas cinéticas. Intentade representar tamén o paso do tempo na vosa historia.
Instrucións:
- Escribide unha pequena historia (cómica, dramática....).
- Sobre unha superficie branca (folio ou cartolina en A4), organizade e debuxade as viñetas para contar esa historia. Recordade facer un marxe e engadir un pequeno título.
- Debuxade os personaxes, introducide os globos de diálogo e todos os diferentes elementos xa vistos.
- Cando esteades satisfeitos/as co voso cómic, repasade con tinta negra todos os contornos. Podedes empregar un bolígrafo ou rotulador de punta fina.
- Coloreade coa técnica que prefirades.
- Presentádeo na clase.
Lectura facilitada
Creade unha nova historia en forma de cómic.
Deben aparecer todos os elementos vistos.
O obxectivo é:
- Experimentar coa forma das viñetas.
- Situar ben:
- Os globos de diálogo.
- As carteleiras.
- Introducir algunha onomatopea, metáfora visual e liñas cinéticas.
- Intentade representar tamén o paso do tempo na vosa historia.
Instrucións:
- Escribide unha pequena historia (cómica, dramática....).
- Sobre unha superficie branca (folio ou cartolina en A4), organizade e debuxade as viñetas para contar esa historia.
- Recordade facer un marxe e engadir un pequeno título.
- Debuxade os personaxes, introducide os globos de diálogo e todos os diferentes elementos xa vistos.
- Cando esteades satisfeitos/as co voso cómic, repasade con tinta negra todos os contornos.
- Podedes empregar un bolígrafo ou rotulador de punta fina.
- Coloreade coa técnica que prefirades.
- Presentádeo na clase.
Audio
Conta-explora
Nesta actividade, teredes que crear a vosa historia en forma de cómic pero dun xeito dixital. Poderedes empregar diversas aplicacións como pode ser Polotno.
Instrucións:
- Escribide a vosa historia cómica ou dramática, e debuxade un pequeno esquema das viñetas, personaxes, globos de diálogo etc.
- Escollede unha aplicación no ordenador para facer a montaxe dos elementos necesarios para contar esa historia.
- Recordade empregar todos os elementos do cómic xa vistos e facede unha descarga do traballo en .pdf ou .png.
- Compartide o voso traballo coa clase e reflexionade se fostes capaces de representar o paso do tempo.
Lectura facilitada
Teredes que crear a vosa historia en forma de cómic.
Ten que ser dun xeito dixital.
Poderedes empregar diversas aplicacións como pode ser Polotno.
Instrucións:
- Escribide a vosa historia cómica ou dramática, e debuxade un pequeno esquema das viñetas, personaxes, globos de diálogo etc.
- Escollede unha aplicación no ordenador para facer a montaxe dos elementos necesarios para contar esa historia.
- Recordade empregar todos os elementos do cómic xa vistos.
- Facede unha descarga do traballo en .pdf ou .png.
- Compartide o voso traballo coa clase.
- Reflexionade se fostes capaces de representar o paso do tempo.