A tradición oral estase a perder
Acabades de ver un vídeo que fala da situación na que se atopa a tradición oral en Galicia.
Aquí abaixo podes ler con máis calma o texto que aparece no mesmo.
Lectura facilitada
Acabades de ver un video que fala da situación na que se atopa a tradición oral en Galicia.
Aquí abaixo podes ler con máis calma o texto que aparece no mesmo.
Audio
Debate
Despois de ver o vídeo, comentade en grupo estas cuestións:
- Que entendedes por tradición oral?
- Coñecedes as diferenzas entre conto, lenda e cantiga?
- Que sector da poboación (cativos e cativas, mocidade, persoas de idade media, maiores) credes que ten máis relación coa tradición oral?
- Pensades que a tradición oral está máis viva no rural ou nas vilas e cidades?
- Coñecedes historias de tradición oral? Recordades quen volas contou?
Ao final, compartide unha conclusión sobre o que aprendestes ou algo que vos fixo reflexionar.