Glosario
Cómic
-
Definición:
-
Historia contada mediante debuxos e textos en recadros (que poden ter diversas formas e tamaños) chamados viñetas.
-
Exemplo:
-
Son moi coñecidos os cómics de superheroes (Superman, Batman etc).
Contos e lendas populares
-
Definición:
-
Relatos antigos que a xente contaba de xeración en xeración, moitos con personaxes fantásticos. Adoitan conter algún tipo de ensinanza útil para a vida.
-
Exemplo:
-
En Galicia son moi comúns os contos sobre meigas.
Novela gráfica
-
Definición:
-
Un libro ilustrado que conta unha historia longa, parecido a un cómic pero máis elaborado.
-
Exemplo:
-
Persépole é unha novela gráfica autobiográfica de Marjane Satrapi, que narra a súa infancia en Irán.
Viñeta
-
Definición:
-
Cada unha das formas xeométricas que encerra unha escea dun cómic. Nela aparecen debuxos e textos (diálogos, pensamentos ou pequenas narracións). Acostuman ter forma rectangular, aínda que poden adoptar diversas formas: redondeadas, triangulares, orgánicas etc.
-
Exemplo:
-
Aquí podedes ver un conxunto de tres viñetas que se asemellan a rectángulos, pero que son formas irregulares.
O voso reto
A tradición oral galega está chea de contos e lendas que foron pasando de xeración en xeración, enriquecendo a nosa cultura e a nosa imaxinación.
No proxecto "Contos e lendas populares ao rescate", mergullarédesvos nestas narracións tradicionais para transformalas en cómics. A través da linguaxe visual e do traballo en equipo, exploraredes como contar historias utilizando imaxes e texto, dándolle unha nova vida ás nosas lendas.
O obxectivo final será a creación dun cómic en grupo, no que cada equipo adaptará unha historia da tradición oral galega. Aprenderedes sobre composición, expresión artística e narración gráfica, poñendo en práctica a vosa creatividade para que estas historias sigan vivas e cheguen a novas xeracións.
Lectura facilitada
A tradición oral galega está chea de contos e lendas.
Foron pasando de xeración en xeración.
Enriqueceron a nosa cultura e a nosa imaxinación.
No proxecto "Contos e lendas populares ao rescate",
mergullarédesvos nestas narracións tradicionais para transformalas en cómics.
Exploraredes como contar historias.
Utilizando:
- Imaxes.
- Texto.
Daredes unha nova vida ás nosas lendas.
O obxectivo final será a creación dun cómic en grupo.
Cada equipo adaptará unha historia da tradición oral galega.
Aprenderedes sobre:
- Composición.
- Expresión artística.
- Narración gráfica.
Poñeredes en práctica a vosa creatividade para que estas historias sigan vivas e cheguen a novas xeracións.
Audio
Seredes capaces de...
- Crear un cómic inspirado na tradición oral galega empregando os elementos básicos da linguaxe visual.
- Coñecer e utilizar a linguaxe do cómic: expresións faciais e corporais, debuxo e deseño de personaxes.
- Explorar os tipos de planos e encadres para dar ritmo á narración visual.
- Traballar en equipo para colaborar na creación dunha historia visualmente impactante.
- Poñer en práctica a vosa creatividade para reinterpretar as lendas galegas e darlle unha nova vida ás súas historias.
Estades preparados e preparadas para deixar a vosa pegada artística na tradición galega?