Rescatadores de contos

Agora poñeredes en práctica o "plan de rescate" con todo o que fostes aprendendo ata o momento, que non é pouco!
Rescatade esas antigas historias, transformándoas en fermosas viñetas e textos que cheguen ao corazón dos vosos futuros lectores e lectoras.
Lembrade revisar en cada momento se estades realizando os pasos axeitadamente, seguindo as indicacións que tedes a continuación.
Lectura facilitada
Agora poñeredes en práctica o "plan de rescate" con todo o que fostes aprendendo ata o momento, que non é pouco!
- Rescatade esas antigas historias.
- Transformándoas en fermosas viñetas e textos que cheguen ao corazón dos vosos futuros lectores e lectoras.
- Lembrade revisar en cada momento se estades realizando os pasos axeitadamente.
Seguide as indicacións que tedes a continuación.
Audio
Comprobade os pasos seguidos

Todo proxecto artístico require seguir unhas pautas que debedes ter presentes. Para asegurarvos de que non queda nada atrás, é importante que vaiades revisando o voso traballo e comprobando se ides cumprindo cada un dos puntos da lista de control que tedes a continuación.
Sede sinceros ao responder; só así poderedes mellorar e sacar adiante un proxecto artístico de calidade.
Para iso, tódolos apartados deben aparecer como superados!
Lectura facilitada
Todo proxecto artístico require seguir unhas pautas que debedes ter presentes.
Por iso é importante que vaiades revisando o voso traballo.
Comprobade se ides cumprindo cada un dos puntos da lista de control que tedes a continuación.
Sede sinceros ao responder.
Tódolos apartados deben aparecer como superados!
Audio
Lista de cotexo
| Ítem | Si | Non |
|---|---|---|
|
O cómic conta con variedade de viñetas? |
||
|
Os textos acompañan e axudan a entender as ilustracións? |
||
|
Os textos son facilmente lexibles (teñen bo tamaño e a escrita está coidada)? |
||
|
Empregouse unha variedade de tipos de planos, tanto segundo o encadre como a angulación (primeiro plano, xeral, picado, nadir etc)? |
||
|
Empregouse unha variedade de composicións audiovisuais (sinxela, asimétrica, equilibrada, regra dos terzos etc)? |
||
|
O cómic levouse a cabo con coidado (está ben rotulado, coloreado etc). |
||
|
Todas as persoas que compoñen o grupo participaron na creación do cómic asumindo os diferentes roles (guionista, ilustrador/a, entintador/a, colorista, rotulista)? |
||
|
Todas as persoas que compoñen o grupo participaron na maquetación dixital do cómic? |
||
|
Todas as persoas que compoñen o grupo participaron na presentación pública do cómic? |
||