Glosario
Voz en off
-
Definición:
-
É a voz dunha persoa externa que non está dentro da escena. Un texto narrativo ou informativo que acompaña ás viñetas e axuda a comprender a historia, a mergullarse no ambiente e a entender os sentimentos dos personaxes.
-
Exemplo:
-
Na carteleira da viñeta a voz en off indica: "Pasou o tempo... e de súpeto!... nunha noite de verán....".
Ilustración
Definición:
-
É un debuxo, pintura ou gravado que pode contar unha historia por si mesma e complementar ou realzar un texto.
-
Exemplo:
-
Nesta ilustración, o artista Leonardo da Vinci investiga, no Século XV, sobre as proporcións ideais do corpo humano.
Símbolo gráfico
Definición:
-
Son liñas, debuxos ou imaxes que representan un concepto ou unha idea.
-
Exemplo:
-
Na imaxe podedes observar o símbolo S.O.S., que representa a petición de socorro e de emerxencia.
Surrealismo
Definición:
-
É un movemento artístico e literario que explora o mundo da fantasía e dos soños.
-
Exemplo:
-
Aquí vedes a figura do artista surrealista español Salvador Dalí onde tamén aparece un debuxo dos reloxos derretidos da obra "A persistencia da memoria". Esta obra simboliza a relatividade do tempo, un xogo entre a realidade e o mundo dos soños.
Que é?
O cómic ou banda deseñada é un tipo de arte visual que conta unha historia por viñetas ilustradas, unha sucesión de debuxos que constitúen un relato con texto ou sen texto.
Nos tipos do cómic, unha tira cómica representa unha historia breve a maneira de chiste, con tres ou máis viñetas e unha novela gráfica contén unha única narración onde se presentan temas máis profundos e historias extensas.
Lectura facilitada
O cómic ou banda deseñada é un tipo de arte visual que conta unha historia por viñetas ilustradas.
Unha sucesión de debuxos que constitúen un relato,
con texto ou sen texto.
Nos tipos do cómic:
- Unha tira cómica representa unha historia breve
á maneira de chiste, con tres ou máis viñetas.
- Unha novela gráfica contén unha única narración,
onde se presentan temas máis profundos e historias extensas.
Audio
Elementos dun cómic
Viñetas
Son os recadros que rodean a cada escena do cómic e representan un instante da vosa historia. Son pequenas fiestras de información e a súa función é transmitir unha idea mediante unha ilustración na que tamén pode haber textos e diálogos. Poden ter formas moi diversas: rectangulares, cadradas, circulares, verticais... e todas elas achegan significado. Adoita haber un espazo baleiro entre elas.
As viñetas horizontais empréganse para amosar os escenarios onde se desenvolve a acción do cómic e acostuman transmitir a idea de calma e tranquilidade.
As viñetas verticais achegan tensión, ritmo e misterio xa que ocultan parte da escena.
En xeral, as viñetas rectangulares e iguais crean un ritmo da narración monótono. Polo contrario, as viñetas con formas irregulares expresan movemento e dinamismo.

Carteleiras
Son pequenos cadros de texto que representan a voz dunha persoa externa que está a narrar a vosa historia, unha voz en off. Adoitan situarse fóra das viñetas e tamén poden contar o que sucede nelas.

Globos
Representan a voz, os diálogos ou pensamentos dun personaxe e poden ter formas e contornos moi diferentes, dependendo da mensaxe que queirades transmitir. Son espazos con forma de globos rodeados por unha liña para que escribades dentro as palabras ou frases.
Por exemplo, un susurro podedes debuxalo cun trazo descontinuo, un berro con trazos puntiagudos, un pensamento con forma de nube e a comunicación lenta e pausada con varios globos apuntando ao mesmo personaxe.
Recordade escribir cunha moi boa caligrafía para que a persoa espectadora poda entender a vosa historia.

Onomatopeas
Son palabras que representan sons imitándoos verbalmente. Estes sons poden proceder das persoas, dos animais ou en xeral do mundo físico.
Persoas: Achís!, Puah!, Bla bla..., Chist!, Ja ja ja!, Ñam! etc..
Animais: Croac, Guau, Mu, Bzzz, Quiquiriquí etc..
Mundo físico: Crash, Boom, Ring, Brrum etc..

Metáforas visuais
Son imaxes ou pequenos debuxos que expresan un significado. Poden representar estados de ánimo, accións, sensacións ou ideas. Por exemplo:
Dor: estrelas arredor dunha cabeza ou raios na parte doente do corpo.
Gran idea: Lámpada acendida
Canto: Notas musicais
Caos na mente: debuxos e imaxes aleatorias, garabatos....

Liñas cinéticas
Son símbolos gráficos que crean dinamismo e velocidade e expresan o movemento realizado por un ou unha personaxe ou obxecto. Representan traxectorias, impactos, nubes de po, tremor etc.

Audio
Viñetas
Carteleiras
Globos
Onomatopeas
Metáforas visuais
Liñas cinéticas
Exemplos
Bud Sagendorf - Popeye o mariño
Nesta escena dun cómic de Popeye, (Pop-eye: ollo saltón), podedes ver unha onomatopea, SPLAT!, unha metáfora visual, nas estrelas que indican a acción da personaxe Olivia, e moitas liñas cinéticas que representan o movemento do brazo e da cabeza de Popeye.
Segar - Revista Circulation (1921)
Neste exemplo non vedes viñetas. Trátase dunha parodia do debuxante Segar, que se mostra a si mesmo nas tarefas diarias xunto á súa compañeira Myrtle. Este debuxo fíxose sete anos antes da creación de "Popeye el Marino" e publicouse na Revista "Circulation", en 1921.
George Herriman - Krazy Kat (1922)
Neste exemplo vedes un fragmento dun cómic das aventuras de dous personaxes, Krazy Kat e Ignatz Mouse. Na historia hai unha mestura entre surrealismo e inocencia e nesta imaxe podedes ver a forma irregular das viñetas e unha carteleira.
Walt Disney - Mickey Mouse
Emparella
Emparellade as seguintes imaxes cos elementos que representan.
