Exposición no instituto
Para difundir o traballo realizado faredes unha exposición dos vosos cómics no instituto. Empregade un espazo visible para que toda a comunidade educativa poida coñecer e desfrutar do voso proxecto.
Colocade ben os vosos cómics para que se poida apreciar toda a vosa creatividade e compromiso.
Contade e explicade en grupo a historia de cada cómic, para convertirvos en rescatadores e gardiáns ou gardiás dos vosos contos e lendas.
Lectura facilitada
Para difundir o traballo realizado faredes unha exposición dos vosos cómics no instituto.
Empregade un espazo visible para que toda a comunidade educativa poida coñecer e desfrutar do voso proxecto.
Colocade ben os vosos cómics.
Debe apreciarse toda a vosa creatividade e compromiso.
Contade e explicade en grupo a historia de cada cómic.
Convertirédesvos en rescatadores e gardiáns ou gardiás dos vosos contos e lendas.
Audio
Publicación na revista escolar
Para visibilizar as vosas creacións, maquetade os cómics para publicalos na revista do centro.
Organizádevos para promocionala e difundila na vosa contorna, e deste xeito conseguiredes que as vosas historias, ilustradas en forma de cómic, poidan ser contadas e transmitidas a outras persoas.
Con esta actividade, axudaredes a manter viva a tradición oral galega, mostrando as vosas ideas fóra do ámbito escolar.
Contribuiredes a sensibilizar á sociedade!
Lectura facilitada
Ides visibilizar as vosas creacións.
Maquetade os cómics para publicalos na revista do centro.
Organizádevos para promocionala e difundila na vosa contorna.
Deste xeito conseguiredes que as vosas historias en forma de cómic,
poidan ser contadas e transmitidas a outras persoas.
Axudaredes a manter viva a tradición oral galega fóra do ámbito escolar.
Contribuiredes a sensibilizar á sociedade!