Posta en común
Chegou o momento de compartir o voso traballo co resto da clase! Cada grupo expoñeredes o voso cómic e explicaredes:

- O conto ou lenda no que se basea o voso deseño, e a mensaxe ou historia que quixestes transmitir.
- A composición artística: os planos, encadres e angulacións.
- Os elementos propios da linguaxe do cómic que empregastes.
- O deseño dos personaxes e as expresións faciais para captar a atención.
- As referencias doutros cómics que vos inspiraron, explicando brevemente como influíron no voso proxecto.
Escoitade con atención as presentacións dos outros grupos e sede claros e concisos na vosa exposición.
Lectura facilitada
Chegou o momento de compartir o voso traballo co resto da clase!
Cada grupo expoñeredes o voso cómic e explicaredes:
- O conto ou lenda no que se basea o voso deseño.
- A mensaxe ou historia que quixestes transmitir.
- A composición artística:
- Os planos.
- Os encadres.
- As ngulacións.
- Os elementos propios da linguaxe do cómic que empregastes.
- O deseño dos personaxes e as expresións faciais para captar a atención.
- As referencias doutros cómics que vos inspiraron,
explicando brevemente como influíron no voso proxecto.
Escoitade con atención as presentacións dos outros grupos.
Audio
Coavaliación
Despois de escoitar todas as presentacións, valoraredes os cómics dos outros grupos. Para iso, en equipo, reflexionade sobre os seguintes aspectos de cada cómic:

- A claridade e impacto do deseño.
- O uso dos elementos propios do cómic: viñetas, globos, título, carteleiras, liñas cinéticas, metáforas visuais e onomatopeas.
- O uso dos diferentes planos: encadres e angulacións.
- A creatividade e orixinalidade no deseño de escenarios e personaxes.
Deberedes completar unha ficha de coavaliación, indicando os puntos fortes de cada cómic e suxerindo posibles melloras. Lembrade facer valoracións respectuosas e construtivas, xa que o obxectivo é aprender traballando en equipo.
Lectura facilitada
Despois de escoitar todas as presentacións, valoraredes os carteis dos outros grupos.
En equipo, reflexionade sobre os seguintes aspectos de cada cartel:
- A claridade e impacto da mensaxe.
- O uso do formato, o equilibrio e o peso visual.
- A creatividade e orixinalidade do deseño.
Deberedes completar unha ficha de coavaliación.
Indicade os puntos fortes de cada cartel.
Suxeride posibles melloras.
Lembrade ser respectuosos e construtivos coas vosas valoracións.
O bxectivo é aprender xuntos.
Audio
Guía de observación
Se queres acceder ao documento en PDF fai clic nesta ligazón.