Obxectivos

1. Comprender os elementos básicos da linguaxe visual e as súas funcións na creación de cómics e na fotografía.

2. Descubrir a importancia da tradición oral galega, transmitindo contos e lendas populares a través da narración gráfica e visual.

3. Explorar a historia do cómic, coñecendo os seus diferentes tipos, estilos e evolución ao longo do tempo.

4. Coñecer e utilizar os diferentes tipos de planos e encadres na fotografía e no cómic para xerar dinamismo e profundidade nas composicións, xunto cos elementos gráficos propios do cómic.

5. Potenciar o traballo en equipo e a colaboración creativa na adaptación de contos e lendas galegas ao formato do cómic.
Lectura facilitada
- Comprender os elementos básicos da linguaxe visual e as súas funcións na creación de cómics e en fotografía.
- Desenvolver a capacidade de narrar historias a través da combinación de imaxes e texto, empregando os recursos propios do cómic.
- Explorar a historia do cómic, coñecendo os seus diferentes tipos, estilos e evolución ao longo do tempo.
- Coñecer e utilizar os diferentes tipos de planos e encadres na fotografía e no cómic para xerar dinamismo e profundidade nas composicións.
- Potenciar o traballo en equipo e a colaboración creativa na adaptación de contos e lendas galegas ao formato do cómic.
Que vas aprender?
Neste proxecto mergullarédesvos na linguaxe audiovisual para dar vida ás historias da nosa tradición oral. En equipo, convertiredes en cómic, contos e lendas de Galicia, explorando distintas formas de narración gráfica.
Aprenderedes os fundamentos do cómic e da fotografía, experimentando con planos, encadres, expresións e estilos. Descubriredes como a combinación de imaxe e texto pode transmitir emocións e capturar a esencia dunha historia.
Ao final, non só dominaredes técnicas de debuxo, composición e narración visual, senón que tamén reflexionaredes sobre a importancia de conservar e reinventar o noso patrimonio cultural a través da arte.
Lectura facilitada
Neste proxecto mergullarédesvos na linguaxe visual.
Daredes vida ás historias da nosa tradición oral.
En equipo, converteredes en cómic contos e lendas Galiza.
Exploraredes distintas formas de narración gráfica.
Aprenderedes os fundamentos do cómic e da fotografía, experimentando con:
- Planos.
- Encadres.
- Expresións.
- Estilos.
Descubriredes como a combinación de imaxe e texto pode transmitir emocións e capturar a esencia dunha historia.
Dominaredes técnicas de:
- Debuxo.
- Composición.
- Narración visual.
Reflexionaredes sobre a importancia de conservar e reinventar o noso patrimonio cultural a través da arte.